Galego | Castellano
raiolas

TRASTORNOS DO ESPECTRO DO AUTISMO

Alteracións do desenvolvemento de diversas función do Sistema Nervioso Central, caracterízanse pola presenza de dificultades específicas nas áreas social, comunicativa e cognitiva.

Dificultades no uso e comprensión da comunicación verbal e non verbal (ausencia ou retraso na linguaxe, linguaxe repetitivo, escasa mirada).

Dificultade para comprender e establecer relación sociáis.

Dificultade para adaptarse de forma flexible aos cambios e na ampliación dos seus intereses e comportamentos (poden ser restrinxidos, repetitivos…)

Causas:

As causas que provocan os TEA aínda están por dilucidar, non se trata dunha causa biolóxica única, senón que hai que considerar una etioloxía multifactorial, é dicir, una combinación de posibles factores xenéticos, neurolóxicos, inmunolóxicos, perinatal, neuroanatómicos e bioquímicos determinantes da súa patoxéneses.

Prevalenza:

Estudios consensuados internacionalmente, establecen prevalenza de 25 persoas con TEA por cada 10000 cidadáns adultos e 1 caso de TEA por cada 150 nenos en idades escolares.

Diagnóstico:

Unha detección precoz dos TEA é de gran importancia xa que está demostrado que unha intervención e tratamento temperáns van repercutir moi positivamente na evolución das persoas atendidas e nas súas familias.

Intervención:

Unha intervención precoz é a mellor esperanza de futuro das persoas con TEA, unha atención temperá orientada a mellorar os síntomas, proporcionaralles, e tamén a súa familia, múltiples e importantes beneficios.

A intervención das persoas con TEA debe ser multidisciplinar e coordinada, incluíndo os enfoques e obxectivos de todas as persoas implicadas: familias, educadores, médicos, etc…

© Raiolas

RAIOLAS Anel solidario gobierno de españa Deputación de Lugo