O 18 DE febreiro celebramos o Día Internacional do Síndrome de Asperger.

Sumámonos á campaña de Autismo España «#HazEspacio na que reclama o recoñecemento específico do TEA, no que se inclue o síndrome de Asperger, nos ámbitos normativo e administrativo como un trastorno con características específicas e necesidades propias, tal e como como xa está recoñecido pola Comunidade Científica e a Organización Mundial da Saúde.

En Raiolas celebraremos ó longo do día de hoxe coloquios por grupos de idade cos nosos rapaces e rapazas para tratar as diferentes etapas da vida dende diferentes puntos de vista.