Hoxe celebramos o Día Mundial de Concienciación do Autismo.

Este ano sumámonos á campaña: Podo APRENDER. Podo TRABALLAR.

As nosas accións deste ano serán vía online e a través de distintos medios de comunicación.

  1. Participación na Campaña: Podo APRENDER. Podo TRABALLAR.
  2. Presentación do logotipo de Raiolas renovado.

Sumámonos á proposta de Autismo España para levar a cabo unha campaña de concienciación que pon o foco en dúas áreas fundamentais para a inclusión e a mellora da calidade de vida do colectivo TEA:  a EDUCACIÓN e o EMPREGO.

Por outra banda, Raiolas rediseñou o seu logotipo co fin de adapatarse ós novos tempos en canto á comunicación gráfica da asociación.