Inauguración Exposición Solidaria de Raiolas no edificio da XUNTA DE GALICIA en Lugo. As 19h tivo lugar a inauguración deste conxunto de obras artísticas. Desde Raiolas queremos agradecer a Cristina Abades Martínez ( Xefa Territorial de Política Social), Sonsoles López Izquierdo (Deputada provincial, Área de Promoción Económica e Social) e a Ana González Abelleira ( Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión) pola súa presenza no acto. Do mesmo xeito queremos transmitir o noso agradecemento aos artistas que doaron as obras e que estiveron presentes na inauguración, así como a todas as personas que nos acompañaron neste evento. Grazas en nome da Asociación Raiolas.

ASOCIACIÓN RAIOLAS-LUGO