Galego | Castellano
raiolas

NOTICIAS

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS DE USUARIOS DE RAIOLAS NO HULA (HOSPITAL UNIVERSITARIO LUCUS AUGUSTI)

02/11/2018

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS DE USUARIOS DE RAIOLAS NO HULA (Hospital Universitario Lucus Augusti) EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS DE USUARIOS DE RAIOLAS NO HULA (Hospital Universitario Lucus Augusti)

Desde hoxe xa podedes gozar da exposición fotográfica de Raiolas no Hospital Lucus Augusti. Estará exposta ata o 26 de novembro, na entrada do HULA (2ª andar). Unha boa ocasión para achegarse a coñecela e descubrir as obras dos nosos/as artistas.

ASOCIACIÓN RAIOLAS-LUGO



FESTA DE HALLOWEN EN RAIOLAS

31/10/2018

Festa de Hallowen en Raiolas

En Raiolas xa nos estamos preparando para a celebración de Halloween, que será o mércores 31 de outubro. Lembrade vir disfrazados para a ocasión... e con moitas ganas de diversión. A festa terá lugar nos seguintes horarios:
- De 16:30 a 17:30 para idades comprendidas entre 0 e 10 anos. Lembrade traer unha cabaza sen vaciar.
- De 18:00 a 19:30, de once anos en diante. Lembrade traer unha cabaza baleira.
Esperámosvos a todos e todas!!!

ASOCIACIÓN RAIOLAS-LUGO

 



CHARLA PROGRAMA ESCOLA DE FAMILIAS:

27/10/2018

Charla Programa Escola de Familias:

Este sábado 27 de outubro, dentro do noso programa de Escola de Familias, levaremos a cabo a interesante charla “Autodeterminación e empoderamento das persoas con TEA/ TCS. Quero decidir”.

A persoa que a impartirá é Fausto García Rey. Psicólogo. Director Técnico do servizo de adultos da Asociación BATA. Membro da Rede de Consultoría de Plena Inclusión. Coach executivo. Formador especializado en Planificación Centrada na Persoa e Calidade de Vida.

ASOCIACIÓN RAIOLAS-LUGO 



<< < 1 2 3 4 5 > >> 

RAIOLAS acaba de incorporar un Diplomado en Maxisterio, grazas a unha subvención outorgada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria

Esta axuda está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de emprego xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

OBXETIVOS

A finalidade é cubrir diferentes aspectos sociais e educativos dos usuarios e en particular os programas socio.educativos compelmentarios ou extraescolares, que resultan ser de vital importancia para o desenvolvemento persoal e a participación das persoas con trastornos do espectro do Autismo e/ou da Comunicación Social no seo da comunidade.

No ámbito do Autismo, a educación aplicada a tódolos ámbetos da vida é o mellor instrumento para potenciar o máximo as capacidades de desenvolvemento persoal e de participación enriquecedora no seo da comunidade

ACTUACIÓNS

Preténdese crear dende a Asociación Raiolas un Servizo de Apoio Socio-Educativo extraescolar e un plan de traballo de actividades lúdicas e saciáis para os soci@s que así os demanden. Realizarase unha valoración de usuarios e establecemento de plans individualizados de atención (posteriormente seguemento e avaliación dos mesmos).



MOTIVACIÓNS

Para a nosa entidade a posta en marcha do servizo proposto a raíz da contratación do persoal desempregado supón unha ampliación dos servizos ofertados pola nosa entidade os novos usuarios e asociados, sempre tendo en conta a finalidade da resposta ás necesidades deles e como obxetivo final de mellorala calidade de vida das persoas con Trastornos do Espectro Autista e/ou da Comunicación Social e as súas familias.

NOMBRE SUBVENCIÓN

Fomento do emprego a través dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, no ámbito do programa operativo de emprego xuvenil na comunidade autónoma de Galicia

logo xunta

© Raiolas

RAIOLAS Anel solidario gobierno de españa Deputación de Lugo