Día Internacional da Síndrome de Asperger
Co obxectivo de facer visible este colectivo, a súa realidade, necesidades e capacidades e para concienciar a opinión pública, o 18 de febrero celébrase o Día Internacional da Síndrome de Asperger.
Por este motivo, este LUNS 18 DE FEBREIRO, ás 18h levaremos a cabo una Conferencia/coloquio no salón de actos do HULA. Nela intervirán:
- Cristina Lastra Barreira (psicóloga infanto-xuvenil do HULA) ...
- Laura Pérez Gay (neuropediatra do Hospital de Monforte)
- Santiago Gómez López (Docente da Facultade de Formación de Profesorado USC)
Estades todxs convidadxs , esperámosvos!!!
Inauguración Exposición Solidaria de Raiolas no edificio da XUNTA DE GALICIA en Lugo. As 19h tivo lugar a inauguración deste conxunto de obras artísticas. Desde Raiolas queremos agradecer a Cristina Abades Martínez ( Xefa Territorial de Política Social), Sonsoles López Izquierdo (Deputada provincial, Área de Promoción Económica e Social) e a Ana González Abelleira ( Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión) pola súa presenza no acto. Do mesmo xeito queremos transmitir o noso agradecemento aos artistas que doaron as obras e que estiveron presentes na inauguración, así como a todas as personas que nos acompañaron neste evento. Grazas en nome da Asociación Raiolas.
ASOCIACIÓN RAIOLAS-LUGO
ASOCIACIÓN RAIOLAS-LUGO
RAIOLAS acaba de incorporar unha Diplomada en Maxisterio, grazas a unha subvención outorgada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria
Esta axuda está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de emprego xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
Con esta incorporación búscase, entre outros fins, que a traballadora contratada por medio deste programa se desenvolva nun contexto laboral que lle proporcione novas habilidades, coñecementos e destrezas pedagóxicas para un mellor desenvolvemento da súa vida laboral, propiciando e fortalecendo o coñecemento técnico necesario para o mellor desempeño das actividades laborais ao fin de facilitar a súa empregabilidade.
Preténdese crear dende a Asociación Raiolas un Servizo de Apoio Socio-Educativo extraescolar e un plan de traballo de actividades lúdicas e saciáis para os soci@s que así os demanden. Realizarase unha valoración de usuarios e establecemento de plans individualizados de atención (posteriormente seguemento e avaliación dos mesmos).
Móvenos a ilusión por facilitar o acceso ao mercado laboral a unha nova traballadora e a satisfacción por ver cómo adquire novos coñecementos e habilidades laborais que a faculten para a intervención pedagóxica con persoas con TEA/TCS
Para a nosa entidade a posta en marcha do servizo proposto a raíz da contratación do persoal desempregado supón unha ampliación dos servizos ofertados pola nosa entidade os novos usuarios e asociados, sempre tendo en conta a finalidade da resposta ás necesidades deles e como obxetivo final de mellorala calidade de vida das persoas con Trastornos do Espectro Autista e/ou da Comunicación Social e as súas familias.
Fomento do emprego a través dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, no ámbito do programa operativo de emprego xuvenil na comunidade autónoma de Galicia