Galego | Castellano
raiolas

NOTICIAS

ACTIVIDADE "TEATRALIZANDO O CAMIñO"

20/10/2018

Actividade

O sábado 20 de outubro realizamos a actividade "TEAtralizando o camiño" grazas á axuda económica que nos concedeu a Deputación de Lugo. Fixemos un tramo antigo do camiño de Santiago onde descubrimos muíños antigos e as ruinas dun mosteiro.

Foi unha gran experiencia!!

ASOCIACIÓN RAIOLAS-LUGO

 



IX TORNEO BENéFICO RAIOLAS AUTISMO - 16 SETEMBRO

30/07/2018

 IX Torneo Benéfico Raiolas Autismo - 16 Setembro  IX Torneo Benéfico Raiolas Autismo - 16 Setembro

O 16 de setembro celébrase o IX Torneo Benéfico Raiolas Autismo Lugo, no Club de Golf de Lugo (Santa Marta de Fixós, s/n).
Podedes adquirir rifas para participar nun sorteo de regalos cedidos por distintas empresas de Lugo nos locais de Raiolas (non fai falla estar presente no sorteo).
Teñen un precio de 5€, animarvos a participar nesta causa solidaria pregamos difusión!

ASOCIACIÓN RAIOLAS-LUGO



TALLER DE COCIñA RAIOLAS

18/07/2018

Taller de Cociña Raiolas

Este pasado mércores día 18 foi o último día do Taller de Cociña ata setembro, para despedir este curso fixeron brownie de chocolate.
Ten unha pinta deliciosa

ASOCIACIÓN RAIOLAS-LUGO



<< < 2 3 4 5 6 7 > >> 

RAIOLAS acaba de incorporar unha Diplomada en Maxisterio, grazas a unha subvención outorgada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria

Esta axuda está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de emprego xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

OBXETIVOS

Con esta incorporación búscase, entre outros fins, que a traballadora contratada por medio deste programa se desenvolva nun contexto laboral que lle proporcione novas habilidades, coñecementos e destrezas pedagóxicas para un mellor desenvolvemento da súa vida laboral, propiciando e fortalecendo o coñecemento técnico necesario para o mellor desempeño das actividades laborais ao fin de facilitar a súa empregabilidade.

ACTUACIÓNS

Preténdese crear dende a Asociación Raiolas un Servizo de Apoio Socio-Educativo extraescolar e un plan de traballo de actividades lúdicas e saciáis para os soci@s que así os demanden. Realizarase unha valoración de usuarios e establecemento de plans individualizados de atención (posteriormente seguemento e avaliación dos mesmos).



MOTIVACIÓNS

Móvenos a ilusión por facilitar o acceso ao mercado laboral a unha nova traballadora e a satisfacción por ver cómo adquire novos coñecementos e habilidades laborais que a faculten para a intervención pedagóxica con persoas con TEA/TCS

Para a nosa entidade a posta en marcha do servizo proposto a raíz da contratación do persoal desempregado supón unha ampliación dos servizos ofertados pola nosa entidade os novos usuarios e asociados, sempre tendo en conta a finalidade da resposta ás necesidades deles e como obxetivo final de mellorala calidade de vida das persoas con Trastornos do Espectro Autista e/ou da Comunicación Social e as súas familias.

NOMBRE SUBVENCIÓN

Fomento do emprego a través dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, no ámbito do programa operativo de emprego xuvenil na comunidade autónoma de Galicia

logo xunta

© Raiolas

RAIOLAS Anel solidario gobierno de españa Deputación de Lugo