Galego | Castellano
raiolas

NOTICIAS

3º TORNEO BENÉFICO DE GOLF RAIOLAS

14/09/2012

O 2º fin de semana deste mes de Setembro, o Club de Golf da Cidade de Lugo, realizou unha serie de actividades en torno a Asociación:

O venres 14, un monitor de dito Club impartíu unha clase de iniciación aos nenos da Asociación.

O sábado 15, realizouse un Torneo Benéfico cuia recaudación foi parar a  Asociación.

Dende a Asociación Raiolas queremos mostrar unha vez máis o noso agradecemento os participantes en dito torneo, así como os seus organizadores e a todas aquelas persoas e entidades que colaboraron no Torneo: Excma. Diputación Provincial de Lugo, Ferretería Serra, Persianas Souto, Bar Vilacoba, Estanco Rúa San Pedro, Código Denim... a todos eles,      

Grazas


III COPA RAIOLAS (1).jpg

CURSO SURF PARA PERSOAS CON T.E.A.

07/07/2012

O sábado día 7 de Xullo finalizou o curso de Surf que de forma altruista impartiron Oscar García e Pablo, da Organización AugasSantas aos nenos e nenas da Asociación Raiolas-Lugo.
Dende esta Asociación dámoslles as grazas por esta xenerosa iniciativa.    

Surf.pdf
Agradecemento.pdf

XORNADA: “SEXUALIDADE E AFECTIVIDADE DAS PERSOAS CON TEA

23/06/2012

 

 

O sábado 23 de Xuño organizamos para todas as familias da Asociacion Raiolas, a xornada: “Sexualidade e afectividade das persoas con TEA”. Dito acto foi guiado por Emma Cuesta Fernandez, Psicologa, que exerce como tal dende o ano 2000 no Centro Residencial con Centro de Dia “Coral Seoane”, que a asociacion ASPANAES ten en Ferrol.

Grazas a todos os pais e nais que participáchedes.


XORNADA.pdf

<< < 80 81 82 83 84 85 > >> 

RAIOLAS acaba de incorporar unha Diplomada en Maxisterio, grazas a unha subvención outorgada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria

Esta axuda está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de emprego xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

OBXETIVOS

Con esta incorporación búscase, entre outros fins, que a traballadora contratada por medio deste programa se desenvolva nun contexto laboral que lle proporcione novas habilidades, coñecementos e destrezas pedagóxicas para un mellor desenvolvemento da súa vida laboral, propiciando e fortalecendo o coñecemento técnico necesario para o mellor desempeño das actividades laborais ao fin de facilitar a súa empregabilidade.

ACTUACIÓNS

Preténdese crear dende a Asociación Raiolas un Servizo de Apoio Socio-Educativo extraescolar e un plan de traballo de actividades lúdicas e saciáis para os soci@s que así os demanden. Realizarase unha valoración de usuarios e establecemento de plans individualizados de atención (posteriormente seguemento e avaliación dos mesmos).



MOTIVACIÓNS

Móvenos a ilusión por facilitar o acceso ao mercado laboral a unha nova traballadora e a satisfacción por ver cómo adquire novos coñecementos e habilidades laborais que a faculten para a intervención pedagóxica con persoas con TEA/TCS

Para a nosa entidade a posta en marcha do servizo proposto a raíz da contratación do persoal desempregado supón unha ampliación dos servizos ofertados pola nosa entidade os novos usuarios e asociados, sempre tendo en conta a finalidade da resposta ás necesidades deles e como obxetivo final de mellorala calidade de vida das persoas con Trastornos do Espectro Autista e/ou da Comunicación Social e as súas familias.

NOMBRE SUBVENCIÓN

Fomento do emprego a través dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, no ámbito do programa operativo de emprego xuvenil na comunidade autónoma de Galicia

logo xunta

© Raiolas

RAIOLAS Anel solidario gobierno de españa Deputación de Lugo