Galego | Castellano
raiolas

NOTICIAS

REPARTO DE ILUSIONES

04/01/2006

Jugadores del Leche Río Breogán repartieron juguetes de la campaña de ACB Encesta su juguete en tres instituciones especializadas en el cuidado de niños especiales: Asociación RAIOLAS de Autismo y la Asociación Lucense de Síndrome de Down, y la organización Caritas de Lugo.

 

Tanto los niños como las familias expresaron su agradecimiento al CB Breogán como a ACB y a las empresas colaboradoras de la Campaña por este adelanto de los Magos de Oriente a través de los jugadores del Leche Río.



RAIOLAS ORGANIZA ESTA FIN DE SEMANA AS I XORNADAS SOBRE O AUTISMO

21/10/2004

As poñencias celebraránse os días 22 e 23 de outubro
RAIOLAS ORGANIZA ESTA FIN DE SEMANA AS
I XORNADAS SOBRE O AUTISMO NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL
A asociación tenta achegar o coñecemento do autismo á sociedade lucense

Santiago, 21 de outubro de 2004.- A asociación Raiolas-Lugo organiza esta fin de semana as I Xornadas sobre autismo no salón de actos da Deputación de Lugo. As poñencias comezarán o venres ás 18.00 horas e continuarán durante toda a xornada do sábado.

A asociaciación Raiolas tenta con esta iniciativa acercar o mundo do autismo á sociedade en xeral e especialmente aos profesionais e ás persoas que conviven cos afectados polo Transtorno do Espectro Autista (T.E.A.). As conferencias do venres día 22 centraranse especialmente na definición das características do autismo e as perspectivas para o futuro. Na seguinte xornada abordaranse os problemas máis usuais das persoas afectados por T.E.A.

Entre os invitados a participar nas Xornadas encontrase o neurólogo de recoñecido prestixio, Ángel Díaz Cuervo, e a directora do centro educativo Os Mecos da asociación BATA, Carmen Márquez López.



<< < 90 91 > >> 

RAIOLAS acaba de incorporar unha Diplomada en Maxisterio, grazas a unha subvención outorgada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria

Esta axuda está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de emprego xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

OBXETIVOS

Con esta incorporación búscase, entre outros fins, que a traballadora contratada por medio deste programa se desenvolva nun contexto laboral que lle proporcione novas habilidades, coñecementos e destrezas pedagóxicas para un mellor desenvolvemento da súa vida laboral, propiciando e fortalecendo o coñecemento técnico necesario para o mellor desempeño das actividades laborais ao fin de facilitar a súa empregabilidade.

ACTUACIÓNS

Preténdese crear dende a Asociación Raiolas un Servizo de Apoio Socio-Educativo extraescolar e un plan de traballo de actividades lúdicas e saciáis para os soci@s que así os demanden. Realizarase unha valoración de usuarios e establecemento de plans individualizados de atención (posteriormente seguemento e avaliación dos mesmos).



MOTIVACIÓNS

Móvenos a ilusión por facilitar o acceso ao mercado laboral a unha nova traballadora e a satisfacción por ver cómo adquire novos coñecementos e habilidades laborais que a faculten para a intervención pedagóxica con persoas con TEA/TCS

Para a nosa entidade a posta en marcha do servizo proposto a raíz da contratación do persoal desempregado supón unha ampliación dos servizos ofertados pola nosa entidade os novos usuarios e asociados, sempre tendo en conta a finalidade da resposta ás necesidades deles e como obxetivo final de mellorala calidade de vida das persoas con Trastornos do Espectro Autista e/ou da Comunicación Social e as súas familias.

NOMBRE SUBVENCIÓN

Fomento do emprego a través dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, no ámbito do programa operativo de emprego xuvenil na comunidade autónoma de Galicia

logo xunta

© Raiolas

RAIOLAS Anel solidario gobierno de españa Deputación de Lugo