Galego | Castellano
raiolas

NOTICIAS

CENTRO DE DÍA

09/11/2017

CENTRO DE DÍA

LA ALCALDESA LARA MENDEZ JUSTIFICÓ EL RETRASO DE DOS AÑOS QUE ACUMULA LA LICENCIA MUNICIPAL PARA LA LEGALIZACIÓN DEL EDIFICIO QUE USARÁ COMO CENTRO DE DÍA NUESTRA ASOCIACIÓN. LARA MÉNDEZ ALEGA QUE EL CAMBIO DEL PXOM RETRASÓ LA LICENCIA DEL CENTRO DE DÍA.

 



RAIOLAS acaba de incorporar un Diplomado en Maxisterio, grazas a unha subvención outorgada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria

Esta axuda está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de emprego xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

OBXETIVOS

A finalidade é cubrir diferentes aspectos sociais e educativos dos usuarios e en particular os programas socio.educativos compelmentarios ou extraescolares, que resultan ser de vital importancia para o desenvolvemento persoal e a participación das persoas con trastornos do espectro do Autismo e/ou da Comunicación Social no seo da comunidade.

No ámbito do Autismo, a educación aplicada a tódolos ámbetos da vida é o mellor instrumento para potenciar o máximo as capacidades de desenvolvemento persoal e de participación enriquecedora no seo da comunidade

ACTUACIÓNS

Preténdese crear dende a Asociación Raiolas un Servizo de Apoio Socio-Educativo extraescolar e un plan de traballo de actividades lúdicas e saciáis para os soci@s que así os demanden. Realizarase unha valoración de usuarios e establecemento de plans individualizados de atención (posteriormente seguemento e avaliación dos mesmos).



MOTIVACIÓNS

Para a nosa entidade a posta en marcha do servizo proposto a raíz da contratación do persoal desempregado supón unha ampliación dos servizos ofertados pola nosa entidade os novos usuarios e asociados, sempre tendo en conta a finalidade da resposta ás necesidades deles e como obxetivo final de mellorala calidade de vida das persoas con Trastornos do Espectro Autista e/ou da Comunicación Social e as súas familias.

NOMBRE SUBVENCIÓN

Fomento do emprego a través dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, no ámbito do programa operativo de emprego xuvenil na comunidade autónoma de Galicia

logo xunta

© Raiolas

RAIOLAS Anel solidario gobierno de españa Deputación de Lugo