Galego | Castellano
raiolas

NOTICIAS

INAUGURACIóN DO NOVO LOCAL DA ASOCIACIóN RAIOLAS-LUGO

15/12/2018

Inauguración do novo Local da Asociación Raiolas-Lugo  Inauguración do novo Local da Asociación Raiolas-Lugo

O pasado sábado 15 de Decembro inauguramos o noso novo local donde centralizamos todos os nosos servizos e programas, está situado na Rúa Músico Falla nº 21.

Queremos agradecer a presenza de todos os que nos acompañástedes neste día e facer especial mención e transmitir o noso agradecemento a todas aquelas institucións e empresas que colaboraron para que o local único de Raiolas estea hoxe en funcionamento:
Excm.Deputación Provincial de Lugo, Fundación ONCE, FINSA, Puerlugo, Aki, Emwell, Cata, Whirlpool, Teka, Fontanería Calefacción- Gas Carlos Vázquez, Carpintería Antonio López Fernández e Electricidad Vilanova.

Ademais, queremos transmitir o noso agradecemento ás empresas de restauración que colaboraron neste día:
Suso Mesón-Restaurante, Curruncho A Nosa Terra, Confitería Madarro, A casiña de Paula, Panadería Migas (Estr. vella de Santiago), Confitería- Pastelería Conde e Supermercado Villasol.

Queremos facer mención especial a PARRILLADA RESTAURANTE "PORTA SANTIAGO" por encargarse de prepararación e servizo do catering . Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

ASOCIACIÓN RAIOLAS-LUGO



RAIOLAS acaba de incorporar unha Diplomada en Maxisterio, grazas a unha subvención outorgada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria

Esta axuda está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de emprego xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

OBXETIVOS

Con esta incorporación búscase, entre outros fins, que a traballadora contratada por medio deste programa se desenvolva nun contexto laboral que lle proporcione novas habilidades, coñecementos e destrezas pedagóxicas para un mellor desenvolvemento da súa vida laboral, propiciando e fortalecendo o coñecemento técnico necesario para o mellor desempeño das actividades laborais ao fin de facilitar a súa empregabilidade.

ACTUACIÓNS

Preténdese crear dende a Asociación Raiolas un Servizo de Apoio Socio-Educativo extraescolar e un plan de traballo de actividades lúdicas e saciáis para os soci@s que así os demanden. Realizarase unha valoración de usuarios e establecemento de plans individualizados de atención (posteriormente seguemento e avaliación dos mesmos).



MOTIVACIÓNS

Móvenos a ilusión por facilitar o acceso ao mercado laboral a unha nova traballadora e a satisfacción por ver cómo adquire novos coñecementos e habilidades laborais que a faculten para a intervención pedagóxica con persoas con TEA/TCS

Para a nosa entidade a posta en marcha do servizo proposto a raíz da contratación do persoal desempregado supón unha ampliación dos servizos ofertados pola nosa entidade os novos usuarios e asociados, sempre tendo en conta a finalidade da resposta ás necesidades deles e como obxetivo final de mellorala calidade de vida das persoas con Trastornos do Espectro Autista e/ou da Comunicación Social e as súas familias.

NOMBRE SUBVENCIÓN

Fomento do emprego a través dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, no ámbito do programa operativo de emprego xuvenil na comunidade autónoma de Galicia

logo xunta

© Raiolas

RAIOLAS Anel solidario gobierno de españa Deputación de Lugo