O pasado sábado 15 de decembro inauguramos o noso novo local

O pasado sábado 15 de decembro inauguramos o noso novo local onde centralizamos todos os nosos servizos e programas, está situado na Rúa Músico Falla nº 21.

Queremos agradecer a presenza de todos os que nos acompañastes neste día e facer especial mención e transmitir o noso agradecemento a todas aquelas institucións e empresas que colaboraron para que o local único de Raiolas estea hoxe en funcionamento: Excma. Deputación Provincial de Lugo, Fundación ONCE, FINSA, Puerlugo, AKI, Emwell, Cata, Whirlpool, Teka, Fontanería Calefacción- Gas Carlos Vázquez, Carpintería Antonio López Fernández e Electricidad Vilanova.

Ademais, queremos transmitir o noso agradecemento ás empresas de restauración que colaboraron neste día: Suso Mesón- Restaurante, Curruncho A Nosa Terra, Confitería Madarro, A Casiña de Paula, Panadería Migas (Estr. Vella de Santiago), Confitería- Pastelería Conde e Supermercado Vilasol.

Queremos facer mención especial a PARRILLADA RESTAURANTE “PORTA SANTIAGO” por encargarse da preparación e servizo do catering.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!