O sábado 22 de outubro tivemos unha nova charla dentro do Programa Escola de Familias que realizamos coa colaboración do Concello de Lugo para falar sobre a preparación para a vida adulta en persoas con TEA.

A charla foi impartida por Rosa Alvarez, licenciada en Psicoloxía clínica na Universidade de Sevilla, Directora técnica da Federación Autismo Andalucía e profesora asociada na Universidade de Sevilla.