O sábado 15 de Abril temos unha nova acción formativa no noso Programa de Escola de familias que levamos a cabo coa colaboración do Concello de Lugo. Nesta ocasión abordamos as dificultades na alimentación no TEA. Acompañaranos Elena Yagüe, Terapeuta ocupacional experta en problemas alimentarios na infancia.