O sábado 29 de xaneiro celebramos unha nova xornada formativa dentro do noso Programa de Escola de Familias que se realiza coa colaboración do Concello de Lugo e na que se falou sobre a nova lexislación que modifica as condicións da incapacitación xurídica de persoas con discapacidade.

Esta formación foi impartida por a Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e Asesora xurídica da Área de Familias en Fademga Feaps Galicia, Mª José Fernández Matías.