O pasado sábado 26 tivemos unha nova charla dentro do noso Programa de Escola de Familias que se realiza coa colaboración do Concello de Lugo.

Daniel López Moreno, psicólogo da asociación Autismo Sevilla, impartiu a charla «O papel da familia na aceptación do diagnóstico da persoa con TEA».

Tivemos a oportunidade de tratar o proceso de adaptación  que debemos de efectuar como familia para que o clima emocional e de relación coa persoa con TEA non se vexa  perxudicado e facilitar ós pais e nais  que podan facerse cargo do papel que teñen na educación do seu fillo ou filla con TEA.