O pasado 25 de Setembro, tivemos unha nova charla dentro do noso Programa Escola de Familias realizado coa colaboración do Concello de Lugo.

Nesta ocasión acompañounos Natalia Rubio Arribas; Psicóloga clínica, Sexóloga, Pedagoga e Mag. Educación Especial que impartiu unha charla sobre o papel da familia na atención, educación e prestación de apoios necesarios no desenvolvemento afectivo-sexual de nenos/as, adolescentes, mozos/as con TEA.