• Inicio
  • Quen somos?
    • Misión
    • Visión
    • Valores
    • Breve historia
    • Xunta directiva
    • Equipo técnico
    • Familias
    • Que facemos?
    • Transparencia
  • Servizos e actividades
  • Novas
    • Sala de prensa
  • Participa
    • Voluntariado
  • Contacto
Raiolas
  • Inicio
  • Quen somos?
    • Misión
    • Visión
    • Valores
    • Breve historia
    • Xunta directiva
    • Equipo técnico
    • Familias
    • Que facemos?
    • Transparencia
  • Servizos e actividades
  • Novas
    • Sala de prensa
  • Participa
    • Voluntariado
  • Contacto

Quen somos?

  • Inicio
  • /Quen somos?

A Asociación é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública no ano 2011, que desenvolve as súas actividades dentro do ámbito territorial da provincia de Lugo.

Misión

A misión da asociación é mellorar a calidade de vida e a rede de servizos para as persoas con TEA ou TCS e as súas familias, procurando a súa plena integración familiar e social.

Visión

A Asociación Raiolas – Lugo quere ser unha asociación capaz de responder ás necesidades cambiantes das persoas con TEA e/ou TCS e as súas familias, con eficacia; e ser un referente na provincia de Lugo na atención a persoas con TEA/TCS e as súas familias.

Valores

  • Dereito a ser diferentes (non se trata de ter dereito a ser iguais, senón de ter igual dereito a ser diferentes).
  • Compromiso (implicación de todas as persoas que forman a asociación).
  • Calidade (mellora continua no servizo).

Breve historia da asociación

A Asociación Raiolas – Lugo é unha asociación sen ánimo de lucro que nace no ano 2000 como unha asociación de pais e nais de persoas cun Trastorno do Espectro Autista e/ou Trastorno da Comunicación Social (en adiante TEA e TCS).

A Asociación creouse o 29 de abril dese ano, como consta na súa Acta Fundacional, presentándose como asociación o día 30 de abril. Posteriormente, elaboráronse os Estatutos, que foron presentados na Consellería de Presidencia con data de Rexistro de Entrada do 18 de maio do mesmo ano.

Raiolas ten a súa sede social en Lugo e o seu ámbito de actuación é provincial.

Ata o ano 2002, ante a falla de servizos na provincia de Lugo, as familias víanse obrigadas a desprazarse fóra da provincia.

Dende o momento que se creou a asociación, o obxectivo principal foi poñer en marcha na provincia un servizo de apoio especializado para persoas con TEA/TCS, hoxe convertido nun servizo psicopedagóxico e de logopedia.

Poden ser socios/as as persoas con TEA/TCS e os pais, nais e titores legais destas persoas (socios numerarios) e calquera persoa ou entidade que desexe colaborar connosco (socios colaboradores).

Xunta directiva

A Xunta Directiva está formada polas seguintes persoas:

Presidenta
María Inés Flores Lozano

Secretario
Juan Gonzalo Díaz Rouco

Tesoureira
Mónica Vázquez Fandiño

Vogais
Javier Luaces Maira
Carmen María Lomba Gómez

Equipo técnico

A Asociación Raiolas conta con profesionais cunha experiencia de máis de 15 anos de traballo no campo dos Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) e/ou nos Trastornos da Comunicación Social (TCS).

A súa  intervención:

  • Ten unha periodicidade variable, segundo as características e necesidades individuais de cada caso.
  • Está baseada en programas individualizados de intervención nos que cada persoa traballa sobre os seus propios obxetivos.
  • Existe unha colaboración e participación activa coas familias, cos centros educativos e outros profesionais.
  • Sigue as recomendacións da “Guía de boas prácticas para a intervención con TEA”.

Familias

Procuramos garantir ás familias usuarias os seguintes aspectos:

  • Dar información, orientación e asesoramento, sobre a asociación e o autismo, adaptados aos seus intereses.
  • Garantir un clima de confianza e seguridade axeitado para xerar un ambiente óptimo.
  • Protección da intimidade.
  • Recibir unha valoración profesional de cada caso concreto.
  • Sentirse nun ámbito seguro, confiado, predicible, que non xere estrés.
  • Ofrecer un servizo individualizado e especializado centrado en desenvolver as áreas nas que a persoa con TEA/TCS presente maiores dificultades (socialización, comunicación, conduta e xogo).
  • Fomentar a participación e implicación das familias na asociación.
  • Fomentar a comunicación entre as familias e as persoas con TEA/TCS.
  • Enderezo

    Asociación Raiolas – Lugo
    Rúa Músico Falla, 21
    27004 Lugo
    Como chegar?

    982 214 504

    info@raiolas.org

  • Séguenos

  • Información legal

    Aviso legal

    Política de privacidade

    Política de cookies

    Implementado por xeral.net

  • anel1

    Ministerio de sanidad, Consumo y Bienestar Social

    benestar_deporte

  • DEPUTACION LUGO

    fundación once

    xunta