Galego | Castellano
raiolas

RAIOLAS

PLAN ESTRATéXICO 2014-2017

Misión

A misión da Asociación é a de mellorar a calidade de vida e rede de servizos para as persoas con TEA e as súas familias, procurando a súa plena integración social e familiar.

Procurando:

  • A sensibilización da sociedade e dos profesionais do campo educativo, sanitario e social, acerca da dimensión e impacto socio-familiar do Trastorno do Espectro Autista.
  • Facilitar o acceso das familias á rede social, á información, orientación e asesoramento de todos os aspectos relacionados co Trastorno.
  • Promover recursos que favorezan a autonomía persoal e funcional da persoa con TEA e a súa familia.
  • Apoiar e axudar as familias.
  • Facilitar o encontro e intercambio de experiencias entre as familias.
  • Difundir a necesidade dun diagnóstico preciso para unha mellor intervención.
  • Que as familias se sintan parte da Asociación, que a fagan súa.

Visión

A Asociación Raiolas-Lugo Raiolas quere ser unha asociación capaz de responder ás necesidades cambiantes das persoas con TEA e as súas familias, con eficacia; e ser un referente na provincia de Lugo na atención de persoas con TEA e as súas familias.

Valores

  • Dereito a ser diferentes (non se trata de ter dereito a ser iguais senón de ter igual dereito a ser diferentes).
  • Compromiso (implicación de todas as persoas que forman a Asociación).
  • Calidade (Mellora continua no servizo)

Política de Calidade

A calidade é un compromiso de Raiolas así como unha responsabilidade individual de cada un dos membros da Asociación.

A Política de calidade da Asocaición Raiolas-Lugo ten como obxectivo ofrecer un servizo completo que incida na mellora na calidade de vida das persoas con TEA e as súas familias.

Esta Política será conseguida mediante os seguintes compromisos:

  • Que a mellora continua da calidade sexa un compromiso da directiva de Raiolas-Lugo e de cada un dos seus traballadores.
  • Ofrecer un servizo personalizado de acordo cos criterios de eficacia, eficiencia e ética profesional.
  • Facilitar ás persoas con TEA e ás súas familias os recursos e o apoio persoal necesario para alcanzar a mellora na calidade de vida das persoas con TEA.
  • Desenvolver con transparencia os seus obxectivos ao servizo das persoas con TEA, as súas familias, os socios, a directiva e os financiadores.
  • Lograr un equilibrio permanente e equitativo entre o incremento de novos socios e a calidade no servizo.
  • Ser flexibles e adaptarnos ás necesidades e expectativas das persoas con TEA e as súas familias e aos cambios do ámbito.
  • Atender ás necesidades de formación persoais dos traballadores.
  • Establecer canles de información e comunicación que faciliten a participación e o compromiso dos traballadores cos obxectivos de calidade do programa.

A Política de Calidade conta co respaldo da Xunta Directiva de Raiolas-Lugo  é coñecida e aplicada por todo o persoal que conforma a Asociación na execución das súas actividades. A directiva de Raiolas comprométese a facilitar os medios necesarios ao seu alcance para lograr o establecido nesta Política, asegurando a súa actualización, o seu entendemento e difusión a todos os niveis.

Esta política maniféstase nos compromisos que a Asociación pretende cos seus grupos de interese:

FAMILIAS E PERSOAS CON TEA:

  • Dar información, orientación e asesoramento, sobre a Asociación e o Autismo adaptados aos seus intereses.
  • Garantir un clima de confianza e seguridade axeitado para xerar un ambiente óptimo.
  • Protección da intimidade.
  • Recibir unha valoración profesional de cada caso concreto.
  • Sentirse nun ámbito seguro, confiado, predicible, que non xere estrés.
  • Ofrecer un servizo individualizado e especializado centrado en desenvolver as áreas nas que a persoa con TEA presente maiores dificultades (socialización, comunicación, conduta e xogo).
  • Fomentar a participación e implicación das familias na Asociación.
  • Fomentar a comunicación entre as familias e as persoas con TEA

TRABALLADORES

  • Ofrecerlles unha formación continua.
  • Fomentar e garantir o traballo en equipo.
  • Dotalos da infraestrutura e recursos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades.

ADMINISTRACIÓN/FINANCIADORES

  • Garantir unha xestión transparente e legal.

PROVEDORES

ADEMAIS A ASOCIACIÓN COMPROMÉTESE:

  • Á formación de persoas en prácticas (colaborando coa universidade).
  • Á participación e formación do voluntariado (estamos inscritos no rexistro de entidades de acción voluntaria).
  • Á colaboración e intercambio de información con outras asociacións e centro educativos.

RAIOLAS-LUGO COMPROMETESE A MELLORAR A CALIDADE NO SEU SERVIZO.

© Raiolas

RAIOLAS Anel solidario gobierno de españa Deputación de Lugo