Galego | Castellano
raiolas

RAIOLAS

A NOSA HISTORIA

A Asociación Raiolas-Lugo é unha asociación sen ánimo de lucro que nace no ano 2000 como unha asociación de pais e nais de persoas cun Trastorno do Espectro Autista (en diante TEA).

A Asociación creouse o 29 de Abril dese ano, como consta na súa Acta Fundacional, presentándose como Asociación o día 30 de Marzo. Posteriormente elaboráronse os Estatutos, que foron presentados na Consellería de la Presidencia con data de Rexistro de Entrada do 18 de Maio do mesmo ano.

Raiolas ten a súa sede social en Lugo e o seu ámbito de actuación en Lugo e a súa provincia.

Ata o ano 2002 ante a falta de servizos na provincia de Lugo, as familias víanse obrigadas a desprazarse fóra da provincia.

Dende o momento que se creo a Asociación o obxectivo principal foi poñer en marcha na provincia de Lugo un servizo de apoio especializado para persoas con TEA.

Hoxe convertido nun servizo psicopedagóxico e de logopedia.

Poden ser socios da Asociación pais-nais ou titores legais de persoas con TEA (Socios numerarios) e calquera persoa ou entidade que desexe colaborar connosco (Socios Colaboradores).

A Asociación Raiolas-Lugo:

  • Pertence á Confederación AUTISMO-ESPAÑA e a FADEMGA (Federación de Asociacións a favor dás Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia)
  • Está inscrita no rexistro de entidades prestadoras de Servizos sociais da Xunta de Galicia.
  • Foi declarada Asociación de Utilidade Pública pola Xunta de Galicia no ano 2011 (DOG n.º 102 - Orde do 12/05/11)

A misión da Asociación é a de mellorar a calidade de vida e rede de servizos para as persoas con TEA e as súas familias, procurando a súa plena integración social e familiar.

© Raiolas

RAIOLAS Anel solidario gobierno de españa Deputación de Lugo