A dirección xeral de Relacións Laborais resolveu positivamente o depósito e posterior publicación no DOG dos estatutos de AEDIGAL, patronal da que somos socios fundadores. Unha vez publicitado no DOG o rexistro da patronal na oficina pública de depósito de estatutos de asociacións empresariais,  quedará formalizada a personalidade xurídica da nova entidade.