O hospital Lucus Augusti é máis accesible e comprensible. Un hospital pioneiro en inclusión.

En diferentes ubicacións do complexo poderedes ver a sinalización con pictogramas que proporciona unha mensaxe de comprensión inmediata e elimina as barreiras comunicativas das persoas con TEA.