Súmate ó reto #LIUB e manda unha mensaxe solidaria no Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Participa para amosar o teu apoio:

  1. Apaga as luces.
  2. Encende o teu móbil, linterna…e ilumina o teu balcón ou fiestra.
  3. Fai un video ou foto e súbeo a redes co hashgtag #LIUB  #DiaMundialAutismo

Todos temos que compartir esta iniciativa cos nosos amigos e veciños e xuntos amosar o noso apoio ás persoas con autismo, ás súas familias e ós profesionais que están xunto a eles.

¡PARTICIPA NO RETO!