Esta semana os rapaces e rapazas de raiolas e as súas familias compartiron con nós os seus testemuños do que significa para eles «Unha feliz Viaxe pola Vida».

» Os momentos nos que escolles as portas correctas da túa vida»…» sentirse animado, positivo e ter máis ganas de coñecer ou probar cousas novas. Ser feliz é o mellor sentemento que hai»…

«Estar relaxado, cos animais, ver o ordenador e unha vida coa familia»…»Estar co meu can Ares e coa miña familia»…»Estar coa miña familia e pasar bos momentos con eles como as viaxes que facemos a Málaga en coche»…

«Ir ó parque e divertirme»…»Ter un crecemento persoal que che aporte estabilidade no día a día»….»Facer viaxes en familia»….»Estar feliz e facer amigos»…