Hoxe recibimos a visita de Fabiola García, Conselleira de Política Social e Xuventude; acompañada por  Javier Arias, delegado territorial da Xunta en Lugo; Fernando González Abeijón, Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade; Elena Candia, Vicepresidenta 1ª do Parlamento de Galicia e Candidata á Alcaldía de Lugo e Javier Vázquez Nodal, Xefe territorial de Política Social de Lugo.

Agradecemos a súa presenza e agardamos con moita ilusión a apertura próxima do Centro de Día Raiolas.