Raiolas
A Asociación Raiolas – Lugo foi constituida na cidade de Lugo o 29 de abril de 2000.
É unha asociación sen ánimo de lucro declarada de Utilidade Pública no ano 2011. Está formada por familiares e/ou persoas con Trastornos do Espectro de Autismo (TEA) e/ou con Trastornos da Comunicación Social (TCS)
Raiolas – Lugo traballa para mellorar a calidade de vida e a rede de servizos para as persoas con TEA e/ou TCS e as súas familias, procurando a súa plena integración familiar e social.
Noticias da Asociación Raiolas Lugo
A asociación está inscrita no:
- Rexistro Provincial de Asociacións
(Xunta de Galicia) : N.º 2000/002292. - Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais
(Xunta de Galicia): N.º E-5848. - Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia
(Xunta de Galicia): N.º FM 505 A.- Rexistro de Asociacións do Concello de Lugo: N.º 168.







