Raiolas

Asociación de pais, nais e persoas
con Trastornos do Espectro Autista (TEA)
e Trastornos da Comunicación Social (TCS)

Raiolas

A Asociación Raiolas – Lugo foi constituida na cidade de Lugo o 29 de abril de 2000.

É unha asociación sen ánimo de lucro declarada de Utilidade Pública no ano 2011. Está formada por familiares e/ou persoas con Trastornos do Espectro de Autismo (TEA) e/ou con Trastornos da Comunicación Social (TCS)

Raiolas – Lugo traballa para mellorar a calidade de vida e a rede de servizos para as persoas con TEA e/ou TCS e as súas familias, procurando a súa plena integración familiar e social.

Últimas incorporacións

RAIOLAS acaba de incorporar unha Diplomada en Maxisterio, grazas a unha subvención outorgada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Esta axuda está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de emprego xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

OBXECTIVOS

Con esta incorporación preténdese, entre outros fins, que a traballadora contratada por medio deste programa se desenvolva nun contexto laboral que lle proporcione novas habilidades, coñecementos e destrezas pedagóxicas para un mellor desenvolvemento da súa vida laboral, propiciando e fortalecendo o coñecemento técnico necesario para o mellor desempeño das actividades laborais ao fin de facilitar a súa empregabilidade.

ACTUACIÓNS

Preténdese crear dende a Asociación Raiolas un Servizo de Apoio Socio- Educativo extraescolar e un plan de traballo de actividades lúdicas e sociais para os soci@s que así os demanden. Realizarase unha valoración de usuarios e establecemento de plans individualizados de atención (posteriormente, seguemento e avaliación dos mesmos).

MOTIVACIÓNS

Móvenos a ilusión por facilitar o acceso ao mercado laboral a unha nova traballadora e a satisfacción por ver cómo adquire novos coñecementos e habilidades laborais que a faculten para a intervención pedagóxica con persoas con TEA/TCS.

Para a nosa entidade a posta en marcha do servizo proposto a raíz da contratación do persoal desempregado supón unha ampliación dos servizos ofertados pola nosa entidade os novos usuarios e asociados, sempre tendo en conta a finalidade da resposta ás necesidades deles e como obxectivo final de mellorala calidade de vida das persoas con Trastornos do Espectro Autista e/ou da Comunicación Social e as súas familias.

NOME SUBVENCIÓN:

Fomento do emprego a través dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, no ámbito do programa operativo de emprego xuvenil na comunidade autónoma de Galicia.

xunta-ue

Raiolas-Lugo é membro de:

Confederación Autismo España

conf-autismo-espana-logo

Federación Autismo Galicia

fed-autismo-gal-logo

Autismo Europa

autism-europe

AETAPI (Asociación Española de Profesionales del Autismo)

AETAPI

FADEMGA

fademga-logo

A asociación está inscrita no:

  • Rexistro Provincial de Asociacións
    (Xunta de Galicia) : N.º  2000/002292.
  • Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais
    (Xunta de Galicia): N.º E-5848.
  • Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia
    (Xunta de Galicia): N.º FM 505 A.- Rexistro de Asociacións do Concello de Lugo: N.º  168.