A Asociación é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública no ano 2011, que desenvolve as súas actividades dentro do ámbito territorial da provincia de Lugo.
Misión
A misión da asociación é mellorar a calidade de vida e a rede de servizos para as persoas con TEA ou TCS e as súas familias, procurando a súa plena integración familiar e social.
Visión
A Asociación Raiolas – Lugo quere ser unha asociación capaz de responder ás necesidades cambiantes das persoas con TEA e/ou TCS e as súas familias, con eficacia; e ser un referente na provincia de Lugo na atención a persoas con TEA/TCS e as súas familias.
Valores
- Dereito a ser diferentes (non se trata de ter dereito a ser iguais, senón de ter igual dereito a ser diferentes).
- Compromiso (implicación de todas as persoas que forman a asociación).
- Calidade (mellora continua no servizo).
Breve historia da asociación
A Asociación Raiolas – Lugo é unha asociación sen ánimo de lucro que nace no ano 2000 como unha asociación de pais e nais de persoas cun Trastorno do Espectro Autista e/ou Trastorno da Comunicación Social (en adiante TEA e TCS).
A Asociación creouse o 29 de abril dese ano, como consta na súa Acta Fundacional, presentándose como asociación o día 30 de abril. Posteriormente, elaboráronse os Estatutos, que foron presentados na Consellería de Presidencia con data de Rexistro de Entrada do 18 de maio do mesmo ano.
Raiolas ten a súa sede social en Lugo e o seu ámbito de actuación é provincial.
Ata o ano 2002, ante a falla de servizos na provincia de Lugo, as familias víanse obrigadas a desprazarse fóra da provincia.
Dende o momento que se creou a asociación, o obxectivo principal foi poñer en marcha na provincia un servizo de apoio especializado para persoas con TEA/TCS, hoxe convertido nun servizo psicopedagóxico e de logopedia.
Poden ser socios/as as persoas con TEA/TCS e os pais, nais e titores legais destas persoas (socios numerarios) e calquera persoa ou entidade que desexe colaborar connosco (socios colaboradores).
Xunta directiva
A Xunta Directiva está formada polas seguintes persoas:
Presidenta
María Inés Flores Lozano
Secretario
Juan Gonzalo Díaz Rouco
Tesoureira
Mónica Vázquez Fandiño
Vogais
Javier Luaces Maira
Carmen María Lomba Gómez
Equipo técnico
A Asociación Raiolas conta con profesionais cunha experiencia de máis de 15 anos de traballo no campo dos Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) e/ou nos Trastornos da Comunicación Social (TCS).
A súa intervención:
- Ten unha periodicidade variable, segundo as características e necesidades individuais de cada caso.
- Está baseada en programas individualizados de intervención nos que cada persoa traballa sobre os seus propios obxetivos.
- Existe unha colaboración e participación activa coas familias, cos centros educativos e outros profesionais.
- Sigue as recomendacións da “Guía de boas prácticas para a intervención con TEA”.
Familias
Procuramos garantir ás familias usuarias os seguintes aspectos:
- Dar información, orientación e asesoramento, sobre a asociación e o autismo, adaptados aos seus intereses.
- Garantir un clima de confianza e seguridade axeitado para xerar un ambiente óptimo.
- Protección da intimidade.
- Recibir unha valoración profesional de cada caso concreto.
- Sentirse nun ámbito seguro, confiado, predicible, que non xere estrés.
- Ofrecer un servizo individualizado e especializado centrado en desenvolver as áreas nas que a persoa con TEA/TCS presente maiores dificultades (socialización, comunicación, conduta e xogo).
- Fomentar a participación e implicación das familias na asociación.
- Fomentar a comunicación entre as familias e as persoas con TEA/TCS.