As personas voluntarias son para a asociación RAIOLAS unha peza fundamental da súa estrutura, persoas que colaboran en cada un dos nosos proxectos de maneira altruísta e que axudan a que a sociedade coñeza mellor ás persoas con TEA/TCS. . Por iso, dedicamos parte dos nosos recursos e persoal á incorporación, seguimento e apoio do voluntariado.
Está aberto a persoas con interese en axudar, coñecer e realizar actividades con persoas con TEA/TCS.
Poden participar en:
- Obradoiros grupais.
- Acompañamento en saídas e excursións.
- E outras actividades programadas da Asociación.
O voluntario leva a cabo a importante labor, a de ser guía da persoa con TEA/TCS, converténdose así nunha figura de referencia para eles.
Se estás pensando en ser voluntario, podes poder poñerte en contacto con nós mediante o seguinte formulario: