• Inicio
  • Quen somos?
    • Misión
    • Visión
    • Valores
    • Breve historia
    • Xunta directiva
    • Equipo técnico
    • Familias
    • Que facemos?
    • Transparencia
  • Servizos e actividades
  • Centro de día
  • Novas
    • Sala de prensa
  • Participa
    • Voluntariado
  • Contacto
Raiolas
  • Inicio
  • Quen somos?
    • Misión
    • Visión
    • Valores
    • Breve historia
    • Xunta directiva
    • Equipo técnico
    • Familias
    • Que facemos?
    • Transparencia
  • Servizos e actividades
  • Centro de día
  • Novas
    • Sala de prensa
  • Participa
    • Voluntariado
  • Contacto

Centro de día

  • Home
  • /Centro de día

A Asociación Raiolas – Lugo fúndase no ano 2000 e dende entón foi desenvolvendo a súa actividade no traballo con persoas con trastorno do espectro autista, dende a perspectiva da normalización e inclusión social, deseñando os servizos para que proporcionen niveis de calidade de vida iguais ó do resto das persoas.

O Centro de Día é un modelo de centro asistencial pequeno, deseñado para un máximo de 15 persoas usuarias, co obxectivo de ofrecer unha atención individualizada e especializada ás mesmas. Pretendemos que sexa un centro que se adapte ás necesidades das persoas con autismo que o integran e que se facilite a súa estancia no mesmo mediante o uso de metodoloxías específicas e de adaptacións físicas, espaciais e materiais.

Dirección: Calle Bernardino Pardo Ouro, 15, 27002 Lugo

A Asociación Raiolas Lugo ten adxudicado o concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o periódo 2024-2028 (Diario oficial de Galicia núm. 121, do 24 de xuño de 2024).

logo-xunta

Consideramos que o noso centro ten carácter educativo-laboral no que, ademais de continuar ao traballo de tódalas habilidades académicas, sociais, comunicativas e de autonomía que se traballan en etapas anteriores na Asociación, se establecerá como un medio de intervención e como ponte para mellorar as habilidades.

Ademáis, o noso Centro de Día céntrase na inclusión das persoas con TEA co fin último de favorecer a súa inmersión no mencionado mundo laboral a través de programas de apoio, autonomía, independencia, autoestima e valoración social.

Outro das funcións do Centro será a de coordinarnos co resto de organismos: centros educativos e formativos, programas e servizos de emprego, servizos de vivenda, servizos sociais, sanitarios, de ocio, etc. Tamén os recursos dirixidos á familia do usuario, especialmente cos recursos de información, asesoramento, orientación e formación familiar.

Co fin de garantir a participación e inclusión social dos beneficiarios, o Centro de Día encóntrase na comunidade, cunha dotación axeitada e suficiente de recursos e servizos no entorno próximo.

As instalacións contan con espazos destinados á realización de actividades formativas, de autonomía persoal, desenvolvemento de habilidades e de estimulación cognitiva (aulas, obradoiros, horta, etc.), así como outros orientados á intervención especializada e atención psico-social. Ademais, inclúen espazos destinados á práctica de actividades deportivas e de ocio (vestiarios, áreas comúns, etc.), así como á manutención e o descanso (comedor propio con preparación de dietas específicas, sala de descanso, aseos adaptados, etc.). O centro dispón tamén de servizo de transporte adaptado.

Os servizos que se ofertan son os seguintes:

  • CENTRO DE DÍA
  • ATENCIÓN PSICO-SOCIAL
  • ACTIVIDADES DEPORTIVAS
  • ACTIVIDADES DE OCIO
  • ESTIMULACIÓN COGNITIVA
  • VOLUNTARIADO
  • SERVICIO DE COMEDOR PROPIO
  • DIETAS ESPECÍFICAS
  • SERVICIO DE TRANSPORTE ADAPTADO

O primeiro Centro de Día de autismo da provincia de Lugo acolle a persoas maiores de 16 anos con Trastorno do Espectro Autista, onde reciben atención especializada psicolóxica, psico-social e de estimulación cognitiva. A través do traballo conxunto do equipo de psicoloxía, integración social e coidadores, o centro ofrece actividades formativas, deportivas e de ocio que os preparan para a vida en sociedade e a vida laboral. Ademáis, a localización do edificio supón un incentivo maior, xa que é un entorno idóneo que permite ás persoas realizar actividades no exterior, visitas e excursións, contando con servizo de comedor propio e transporte adaptado.

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

Descargar PDF
Centro de Día
Centro de Día
Centro de Día
Centro de Día
Centro de Día
  • Enderezo

    Asociación Raiolas – Lugo
    Rúa Músico Falla, 21
    27004 Lugo
    Como chegar?

    982 214 504

    info@raiolas.org

  • Séguenos

  • Información legal

    Aviso legal

    Política de privacidade

    Política de cookies

    Implementado por xeral.net

  • anel1

    Ministerio de sanidad, Consumo y Bienestar Social

    benestar_deporte

  • DEPUTACION LUGO

    fundación once

    Xunta de Galicia

Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}