A Asociación Raiolas Lugo presta un Servizo Psicopedagóxico e de Logopedia a persoas cun Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e da Comunicación Social (TCS). Actividades e servizos de apoio familiar.
1. SERVIZO DE AVALIACIÓN E DIAGNÓSTICO
Na Asociación Raiolas Lugo realízamos unha avaliación integral, individualizada e de calidade da persoa seguindo as indicacións da Guía de Boas Prácticas e utilízando instrumentos estandarizados para o diagnóstico do TEA así como os sistemas de clasificación aceptados pola comunidade científica (DSM 5: Manual Diagnóstico y Estadístico dos trastornos mentales da Asociación Estadounidense de Psiquiatría; ODAT: organización diagnóstica de Atención Temperá). A finalidade é establecer un diagnóstico fiable e válido que responda ás características e necesidades da persoa avaliada, así como ofrecer orientación ás persoas con TEA e os seus familiares sobre as intervencións axeitadas en función das dificultades detectadas coa finalidade de optimizar a súa calidade de vida.
O servizo está dirixido a calquera persoa que se atope en calquera etapa evolutiva e exista sospeita de presentar un TEA.
Este servizo está inscrito no Rexistro de Centros Sanitario de Centros de Saúde de Galicia co número C-27-001318, e conta con profesionais con ampla experiencia e formación en avaliación e diagnóstico no campo do TEA.
2. INTERVENCIÓN INDIVIDUALIZADA (PSICOLOXÍA, PSICOPEDAGOXÍA E LOGOPEDIA).
Intervención dirixida a persoas con TEA/TCS e ás súas familias, coa finalidade de lograr unha plena integración persoal, social e laboral.
PSICOLOXÍA
A intervención nesta área parte dun programa individualizado onde, en función das necesidades de cada persoa con TEA/TCS, trabállanse diferentes obxectivos relacionados coas distintas áreas de desenvolvemento: habilidades sociais, problemas de conduta, xogo, habilidades de autonomía, comunicación e linguaxe, estimulación cognitiva, autocontrol, motivación…
Os nosos obxectivos van orientados a dar apoio ás familias, aos nenos, adolescentes e adultos con TEA/TCS, e aos centros educativos e outras institucións ou profesionais relacionados co entorno familiar, social e educativo da persoa.
PSICOPEDAGOXÍA
A intervención psicopedagóxica que se leva a cabo na Asociación Raiolas Lugo, é unha intervención baseada na persoa e axustada aos seus intereses e capacidades, fomentando o desenvolvemento de habilidades condutuais, sociais, afectivas, comunicativas, cognitivas, de xogo, académicas e laborais. Tamén, o desenvolvemento das habilidades para a vida diaria, a autonomía e o ocio.
Ademais da persoa, céntrase no entorno, no medio social e afectivo onde se desenvolve, e teno en conta como un elemento importante no proceso. A intervención inclúe o traballo colaborativo coa familia, co centro escolar e outros profesionais; dando información, orientación e asesoramento, ademais de pautas e materiais.
LOGOPEDIA
O programa de atención logopédica da Asociación Raiolas-Lugo é un programa dirixido a persoas con Trastorno de Espectro do Autismo (TEA) ou Trastorno da comunicación social (TCS). O logopeda evalúa a linguaxe e a comunicación, determina os obxectivos
de intervención e establece actividades axustadas ás necesidades plantexadas. O logopeda establece os obxectivos de cada usuario, asociando a cada un deles estratexias de actuación e materiais de traballo. Así mesmo, establécense reunións de coordinación cos distintos axentes implicados (familia, profesorado e outros profesionais).
En cada intervención de Psicoloxía, Psicopedagoxía e Logopedia ofrécese:
Información, Orientación e Atención a Familias e adultos con TEA/TCS
Servizo dirixido ás familias e persoas adultas con TEA/TCS. Proporciónase información axustada sobre todos aqueles aspectos que son relevantes ou poden preocupar (diagnóstico, intervención, material específico, pautas no fogar e noutros contextos).
Seguimento escolar
Servizo dirixido a persoas con TEA/TCS durante toda a etapa escolar. Pretendendo así mellorar a adaptación aos centros escolares, a adquisición e o desenvolvemento de capacidades e habilidades educativas que potencien a súa integración escolar e social como requisito indispensable para mellorar a súa calidade de vida.
Inclúe o asesoramento e a coordinación cos centros escolares.
A asociación ten firmado un Convenio de cooperación educativa coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
*Atención ambulatoria
Con este servizo trabállase con aquelas familias e persoas con TEA/TCS que teñen dificultades para desprazarse ao local da Asociación para recibir a intervención individual.
4. OBRADOIROS
OBRADOIRO DE IRMÁNS
Busca ofrecer información e, ao mesmo tempo, formar aos irmáns das persoas que presentan un Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) ou Trastorno da Comunicación Social (TCS). O obradoiro realízase unha vez ao mes para cada grupo de idade.
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
O obxectivo principal é que os nenos/as e rapaces e rapazas melloren a calidade das súas interaccións sociais, así como o establecemento de relacións máis satisfactorias con outras persoas. De tal xeito, agárdase que mellore a calidade de vida dos nenos/as e chicos/as con TEA grado 1. O obradoiro realízase unha vez ao mes para cada grupo de idade.
OBRADOIRO DE HABILIDADES PRAGMÁTICAS
A meta final é facilitar a aprendizaxe de estratexias comunicativas que permitan xerar relacións sociais positivas e exitosas nos diferentes contextos nos que participa a persoa con TEA/TCS.
OBRADOIRO DE RADIO
A súa finalidade consiste en traballar os diferentes aspectos da lingua dunha maneira funcional e dinámica a través de diferentes actividades radiofónicas; buscando mellorar a expresión oral e escrita, ao tempo que descobren unha nova forma de comunicar: a radio.
OBRADOIRO DE COCIÑA
Este obradoiro ensina habilidades culinarias e hábitos de vida saudables. A súa utilidade reside en ofrecer a oportunidade de lograr a máxima autonomía persoal e traballar as actividades da vida diaria básicas e instrumentais.
5. FESTAS
Coincidindo con celebracións sinaladas realízanse festas, invitando a tódalas familias, con fin de establecer lazos entre elas e disfrutar todos xuntos duns momentos de celebración, ocio e diversión (Nadal, Samaín ou Carnavais).
6. ESCOLA DE FAMILIAS
Actividades formativas orientadas ás familias de Persoas con TEA e TCS da Asociación.
7. ACTOS
- Torneo benéfico de Golf
- Día do Voluntariado
- Mercadillo Solidario Diversiarte
- Elaboración e venta do Calendario Solidario de Raiolas
- Venta de lotería de Nadal a favor da Asociación
- Organización do día Mundial de Concienciación do Autismo: 2 de Abril
8. ACTIVIDADES PENDENTES DE SUBVENCIÓN
- Terapia Ocupacional
- Apoio escolar
- Psicomotricidade