O venres 2 de decembro, a Rede Lucense de voluntariado, da que forma parte Raiolas xunto con outras 14 entidades, celebrou o 15º aniversario da súa constitución e con motivo do Día Internacional do Voluntariado inaugurou a exposición «Tranzando solidariedade» no Museo Provincial de Lugo. O obxectivo é compartir e achegar a todas as persoas unha experiencia de traballo única co voluntariado no contexto galego. Dita mostra poderá verse e participar nela ata o 31 de xaneiro.