VISITA A TERRA NUBLAR
O pasado 24 de xullo, visitamos o novo parque temático, Terra Nublar en Outeiro de Rei. Desfrutamos dunha xornada familiar chea de aventuras. Grazas Terra Nublar pola acollida!
O pasado 24 de xullo, visitamos o novo parque temático, Terra Nublar en Outeiro de Rei. Desfrutamos dunha xornada familiar chea de aventuras. Grazas Terra Nublar pola acollida!
Un ano máis, contamos coa Subvención Nominativa da Deputación de Lugo, destinada a colaborar nos gastos do noso Programa «Intervención en Contextos Naturais» na anualidade 2026.
Xa temos data para o XVII Torneo Benéfico de Golf Raiolas Lugo. Será o 6 de setembro de 2026 no Club de Golf Lugo. O noso agradecemento a todas as empresas e entidades colaboradoras que o fan posible un ano máis. Grazas o seu apoio, ...
As rifas para o XVII Torneo Benéfico de Golf Raiolas Lugo xa están dispoñibles no noso local de Músico Falla 21 por un coste de 5 euros. Colabora e participa no sorteo de numerosos agasallos!!
Seguimos a disfrutar de actividades de verán. Pasamos o día na área recreativa A Peneda de Monterroso. Refrescámonos no río, xantamos de picnic e nadamos na piscina. Que ben o pasamos!! https://www.facebook.com/watch/?v=1570410147953106
Desprazámonos en bus ó parque de Rosalía de Castro para asistir ás sesións de ioga ó aire libre que organiza o Concello de Lugo. Aproveitamos para dar un paseo e merendar no parque antes de relaxarnos coa clase. Deixámosvos unha mostra ...
O pasado sábado 4 de xullo vivimos unha xornada chea de aprendizaxe, participación e diversión. Dentro do Programa Escola de Familias 2026, en colaboración co Concello de Lugo, celebramos o taller «Integración sensorial: xogo ...
Os rapaces e rapazas do Centro de Día Raiolas desprazáronse á piscina municipal de Frigsa para aproveitar os días de calor e inaugurar a tempada de verán. O primeiro chapuzón de moitos!
O sábado 4 de xullo organizamos un novo taller dentro do noso Programa Escola de Familias en colaboración co Concello de Lugo: Taller de Integración Sensorial: Xogo sensoriomotor para a regulación, diversión e desenvolvemento no ...
O martes 23 de xuño celebramos a festa do San Xoán no Centro de Día. Os usuarios decoraron a mesa coas típicas flores deste día, fixemos unha rica empanada e como non, a tradicional queimada!!