O sábado 17 de outubro tivemos unha nova charla dentro do Programa Escola de Familias 2026, en colaboración co Concello de Lugo.

Tivemos o pracer de contar con Nacho Rey, Coordinador do Programa de Emprego da Asociación Autismo BATA para falarnos do traballo neste ámbito, que BATA leva adiante dende hai máis de 20 anos na comarca do Salnés (Pontevedra).

Foi unha formación moi interesante e amena, na que se propuxeron cuestións moi variadas e na que, moitas familias de Raiolas se mostraron interesadas en dar os primeiros pasos para poñer en marcha un proxecto similar na provincia de Lugo.

Queremos agradecer á Asociación Autismo Bata polo seu apoio, sempre desinteresado a Raiolas e en particular a Nacho Rey por compartir con nós en Lugo este experiencia pioneria en Galicia.