A Fundación ONCE concedeu á nosa entidade unha axuda económica destinada á adquisición de diverso equipamento, necesario para crear o Servizo Diagnóstico de Trastorno do espectro do autismo e Trastorno da comunicación social.

A creación deste servizo permitirá cubrir unha necesidade altamente demandada na provincia de Lugo, prestaráse por profesionais da Asociación Raiolas que contan con unha dilatada experiencia no campo do Autismo, axilizando o proceso diagnóstico  e o inicio da atención e intervención especializadas por o persoal técnico dentro da nosa entidade.