Durante esta semana e con motivo do Día Mundial de Concienciación do Autismo, que se celebra o vindeiro 2 de Abril, a nosa entidade participa no proxecto da Fundación Breogán, «Experiencia Breogán», iniciativa que busca dar visibilidade ó traballo que realizamos as entidades da provincia.

Raiolas Lugo tivo a honra de ser elexida pola empresa de Transportes «Transportes Valín e Hijos», empresa benefactora da Fundación.

Nesta semana Raiolas Lugo visitará o Pazo dos Deportes para coñecer as súas instalacións, a historia do C.B Breogán, coñecer os seus xogadores e presenciar un entrenamento; os xogadores do CB Breogán xunto con membros da Fundación Breogán e Transportes Valín, visitarán as nosas instalacións e para finalizar, o domingo día 3 teremos a oportunidade de presenciar o partido que terá lugar entre C.B Breogán e San Pablo Burgos.

O noso agradecemento a Fundación Breogán, Transportes Valín e o C.B Breogán por a súa atención e apoio.