A área de Benestar , Inclusión e Maiores do Concello de Lugo ven de presentar o proxecto de sinalización mediante pictogramas na cidade con fin de mellorar a mobilidade das persoas con TEA e/ou TCS.

As primeiras placas serán instaladas en semáforos e pasos de peóns situados nas proximidades dos colexios, dos institutos e a Universidade, na Ronda da Muralla, Avenida da Coruña e preto das nosas instalacións co fin de axudar á comprensión das normas de seguridade viaria das persoas con TEA. Serán instaladas unhas 300 placas homologadas que incorporan pictogramas de ARASAAC.

Para o noso colectivo é unha gran nova que se suma á iniciativa Lugo Fala, executado coa colaboración da Excma. Deputación Provincial de Lugo, coa que se sinalizou mediante pictogramas os establecementos comerciais, hosteleiros e de servizos dos lugares máis frecuentados  da nosa cidade.