O 2º fin de semana deste mes de Setembro, o Club de Golf da Cidade de Lugo, realizou unha serie de actividades en torno a Asociación:

O venres 14, un monitor de dito Club impartíu unha clase de iniciación aos nenos da Asociación.

O sábado 15, realizouse un Torneo Benéfico cuia recaudación foi parar a  Asociación.

Dende a Asociación Raiolas queremos mostrar unha vez máis o noso agradecemento os participantes en dito torneo, así como os seus organizadores e a todas aquelas persoas e entidades que colaboraron no Torneo: Excma. Diputación Provincial de Lugo, Ferretería Serra, Persianas Souto, Bar Vilacoba, Estanco Rúa San Pedro, Código Denim… a todos eles,

Grazas