
As entidades galegas que traballamos coas persoas con discapacidade intelectual e persoas con TEA decimos basta.
Levamos meses advertindo da situación límite que atravesa o sector pola falta dun financiamento xusto e estable que garanta a continuidade dos servizos e a calidade dos apoios. Os custos laborais e de funcionamento soben, a inflación non dá tregua…
Porén, os prezos do concerto social seguen practicamente conxelados, e a Xunta de Galicia non ofrece unha resposta nin abre un espazo de diálogo real co sector.
Mentras tanto, as entidades asumimos en solitario unha carga económica insostible, facendo o imposible por manter os apoios, os empregos e os dereitos das persoas con discapacidade intelectual, persoas con TEA e as súas familias.
Por iso lanzamos esta campaña:
«A discapacidade intelectual e as persoas con TEA en loita». Sen financiamento non hai futuro».
Trátase dun chamamento urxente á sociedade galega, ás familias, aos profesionais e ás administracións. Porque sen financiamento, non hai futuro para a inclusión, nin igualdade de oportunidades.
