
O vindeiro 2 de Abril celebramos o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. En Raiolas Lugo, un ano máis sumámonos á campaña de Autismo España, que este ano ten como lema «Menos Juicios. Más Apoyos». Esta campaña apela á cidadanía, a non deixarse levar por xuízos rápidos cando unha persoa se comporta de maneira diferente nunha situación cotiá.
Convidamos á cidadanía á asistir ós actos que se levarán a cabo nos vindeiros días.
