O centro de Día Raiolas sito na Rúa Bernardino Pardo Ouro abriu  o pasado xoves 1 de xuño as súas portas.

O noso Centro de Día ten como obxectivo fomentar todas as habilidades e competencias das persoas con TEA que permitan lograr a máxima autonomía, así como favorecer  a súa inclusión social e laboral. É un centro non residencial, diurno que pretende proporcionar unha atención terapéutica integral e especializada a aquelas persoas con un diagnóstico de TEA e /ou TCS. Ten unha capacidade para 15 persoas e mantén un réxime de concertación de prazas coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.