AMIGO INVISIBLE 2026
Onte fixemos o noso tradicional amigo invisible, con merenda e visita ó Mercado de Nadal. Somos uns disfrutóns!!!!
Onte fixemos o noso tradicional amigo invisible, con merenda e visita ó Mercado de Nadal. Somos uns disfrutóns!!!!
A Fundación Once para a cooperación e a inclusión social de persoas con discapacidade, concedeunos unha axuda económica destinada a sufragar parte dos gastos derivados da adquisición de equipamento para a nosa entidade.
A nosa entidade está a levar a cabo o proxecto «Servizo de xestión administrativa e intervención terapéutica para dar apoio as persoas con TEA/TCS» a través do Programa de Cooperación da Xunta de Galicia 2025 para o fomento do emprego.
A Excma. Deputación Provincial de Lugo (Área de Cultura, patrimonio histórico-artístico e normalización lingüística) concedeunos unha axuda económica para a adquisición de equipamento técnico, permitindo así, mellorar a calidade do ...
Da comezo o Mercado Diversiarte 2025. Esperámosvos no baixo do Mercado de Abastos!!
O 9, 10 e 11 de decembro, estaremos no Mercado Diversiarte, na planta baixa do Mercado de Abastos, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00h. Animádevos a visitarnos!!
Asistimos ás IV Xornadas organizadas pola Asociación Xustiza e Diversidade, no salón de actos da UNED e que foi conducido pola súa directora, Ana Traseira. Queremos felicitar á Asociación e á súa presidenta, Pilar García, pola elección ...
O vernes día 5 de decembro, pasamos unha divertida tarde celebrando o Día Internacional do Voluntariado.
No Día Internacional do Voluntariado, celebramos unha tarde especial no soto da Praza de Abastos dende as 17:00 ás 19:00h. Teremos chocolatada, bingo musical con premios e a visita de Máximus, a mascota do Club Baloncesto Breogán. O ...
O pasado 3 de decembro participamos no acto do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebrou diante do Concello de Lugo co lema «Baixo o Mesmo Paraugas».