
A Asociación Raiolas colabora co Concello de Lugo coa cesión de cascos de protección contra o ruido para previr a hipersensibilidade auditiva das persoas con TEA no recinto feiral de San Froilán e estarán dispoñibles no posto de información turística situado na Praza Maior ata o día 12 de outubro.
Ademáis o día 6 de outubro haberá un intervalo horario dende as 17:00 ás 19:00 horas no cal o recinto feiral reducirá o ruido.