O 2 de abril, é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo (DMCA) 2012. Unha das  datas máis importantes do ano para o noso colectivo. Este Luns día 2 de Abril, e como nos últimos anos, na Asociación RAIOLAS-AUTISMO LUGO celebraremos o Día Mundial da Concienciación do Autismo 2012. Entre as actividades previstas : iluminación en azul de edificios de distintas institucións da cidade de Lugo (campaña creada para commemorar esa data iluminando de azul edificios emblemáticos en todo o mundo), a lectura do Manifesto no Pleno do Concelllo, a repartición de lazos conmemorativos, a colocación dunha mesa informativa na Praza Maior do Concello de Lugo ese día (animádevos a acudir) e a realización dunha cea de celebración.

Un cordial saúdo