
O vindeiro 2 de abril celebramos o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que este ano ten como lema «Somos infinitos».
A campaña deste ano trata de visibilizar que non hai dúas persoas con autismo iguais e que cada persoa autista é única e ten as súas propias necesidades, capacidades e intereses, polo que cada unha necesita uns apoios especializados e adaptados á súa situación persoal e ó seu momento vital.
Raiolas Lugo, súmase á campaña e anímavos a participar nas actividades que faremos diante do Concello de Lugo.
