Dende a Asociación Raiolas-Lugo de Pais/Nais ou titores de Persoas con Trastornos do Espectro Autista, queremos por de relevancia no día mundial de concienzación sobre o autismo, os dereitos das persoas con autismo e das súas familias. Queremos achegar á sociedade, a realidade da vida, as dificultades e os retos que diariamente afrontamos, por iso facemos pública a carta de dereitos das persoas con autismo.
