
Dende a Asociación Raiolas Lugo, queremos expresar o noso máis sinceiro agradecemento a COAFGA pola súa doazón económica e a D. Félix Galocha López, Vicepresidente do Colexio de Administradores de Fincas de Galicia (COAFGA), quen nos visitou no día de hoxe.
Esta contribución supón un gran apoio para a nosa entidade e para as persoas con TEA e as súas familias, ás que acompañamos cada día.
O noso agradecemento por este xesto tan solidario.
