Dende Raiolas Lugo queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a Diezraziones pola súa xenerosa doazón, froito da súa recente Gala Benéfica.

Esta contribución supón un gran apoio para a nosa entidade e para as persoas con TEA e/ou TCS e as súas familias, ás que acompañamos cada día.

Tamén queremos agradecer a todas as persoas que colaboraron e participaron neste evento solidario, facendo posible esta xornada tan especial.

Cada xesto conta e grazas a vós, seguimos avanzando para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e as súas familias.