O pasado sábado 12 de setembro celebramos un encontro de irmáns e achegados en Raiolas Lugo. Nesta xuntanza puidemos coñecernos e compartir experiencias persoais. Falamos de todas aquelas cuestións que nos preocupan, pero tamén, compartimos anécdotas e momentos felices.

Foi unha xuntanza con  persoas con ocupacións e situacións moi diversas, polo que puidemos ver experiencias similares dende novas perspectivas, saíndo temas de conversación moi interesantes que retomaremos en próximos encontros.