
O sábado día 28 de outubro teremos unha formación dentro do noso Programa de Escola de Familias en colaboración co Concello de Lugo.
Nesta ocasión contaremos coa presenza de Sara Grela Mirones, Psicóloga sanitaria especializada no apoio a persoas con TEA ou con dificultades na comunicación e na interacción social.
Comprenderemos como procesan a información as persoas con TEA, falaremos sobre estratexias prácticas para fomentar o benestar emocional e como abordar momentos de crise.